// Faro de Vigo, Víctor González 


Tres cabalos soltos invadiron na tarde deste mércores varios carrís da Avenida de Madrid, en Vigo, co que xeraron retencións na circulación ata que os axentes da Policía Local han logrado atrapalos.


Tal e como informaron fontes do corpo, os feitos ocorreron sobre as 15,45 horas deste mércores, cando tres cabalos que ían soltos accederon aos carrís centrais da Avenida de Madrid, en dirección ao centro da cidade.


Un dos animais impactou contra un turismo, segundo apunta o diario Faro de Vigo. Non se produciron danos persoais nin materiais de importancia segundo estas informacións.


Durante o seu periplo, os cabalos percorreron parte da avenida e déronse a volta, chegando un deles a acceder á vía de servizo. Desta forma, xeraron retencións de tráfico, ata que, "ao pouco", chegaron os axentes e atrapáronos.


Así mesmo, tamén acudiu ao lugar o propietario dos animais, que se fixo cargo dos mesmos. Segundo lembrou a Policía Local, o dono pode expoñerse a sancións polos feitos ocorridos.

POWERED BY BIGPRESS