Axentes da Garda Civil detiveron o home, condutor dunha furgoneta, que o pasado martes se deu á fuga tras arroiar un ciclista na estrada PO-331 no lugar de Ervillás, na parroquia gondomareña de Vincios.


Segundo confirmaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, a detención produciuse sobre as 10.00 horas deste xoves, nun monte do municipio de Gondomar. O arrestado, localizado por membros do GIAT do subsector de Tráfico da Garda Civil, foi trasladado ao posto da Garda Civil desta localidade para a instrución de dilixencia.


O home está a ser investigado por un suposto delito de omisión do deber de socorro, aínda que podería enfrontarse a outras acusacións, xa que o condutor ten o carné retirado e a furgoneta carece de seguro e da ITV obrigatoria.


O atropelo tivo lugar sobre as 12.00 horas do martes na estrada PO-331 en Vincios. Por motivos que se descoñecen, a furgoneta, unha Citroën C-15 de cor branca, golpeou aun ciclista, de 43 anos de idade, que resultou ferido grave e o seu condutor deuse á fuga.

POWERED BY BIGPRESS