A xunta de persoal da área sanitaria de Santiago de Compostela pediu que se habilite unha partida orzamentaria para a elaboración dun proxecto que "contemple e concrete" a execución dunha infraestrutura para a recolocación dos servizos do Hospital Gil Casares e o seu contorno.


Así o explicou, nun comunicado de prensa, CIG-Saúde ante a "incerteza" que se produce entre os traballadores e usuarios "da área sanitaria de Santiago" pola construción do campus da saúde na contorna do Hospital Gil Casares.


A xunta de persoal tomou a decisión de demandar esta medida nunha reunión celebrada o 26 de outubro, na que ademais acordaron solicitar unha reunión cos grupos parlamentarios de PP, En Marea, PSOE e BNG para reclamar que nos orzamentos que se debatan para 2017 se contemple xa a dita actuación.

POWERED BY BIGPRESS