A asesoría xurídica de CC.OO. conseguiu que o Xulgado do Social nº2 de Ourense recoñeza a unha traballadora da Xunta, axudante de cociña dun centro educativo, unha compensación de 20 días por ano traballado ao finalizar o seu contrato interino. En concreto, trátase dunha sentenza do 11 de outubro de 2016.

Segundo informou CC.OO. nun comunicado, trátase da primeira sentenza en Galicia que aplica a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que establece que "non hai xustificación algunha para que, ao finalizar dous contratos temporais, o traballador non perciba unha indemnización idéntica aos traballadores contratados fixos".

Desde o sindicato promoveuse unha campaña dirixida tanto ao persoal das Administracións Públicas como aos traballadores da empresa privada coa finalidade de "conseguir a estabilidade no emprego do persoal temporal", así como a "reclamar as indemnizacións que lles correspondan aos traballadores e traballadoras xa cesados".

Con todo, CC.OO. precisou que o pronunciamiento do Xulgado do Social ourensán aínda non é firme ao ser recorrido pola Administración.

POWERED BY BIGPRESS