Turismo de Galicia promoverá esta semana en Londres a oferta turística galega dentro da World Travel Market (WTM), a principal feira turística do mercado británico.

Trátase dun dos eventos turísticos máis importantes do mundo, xunto coa Bolsa Internacional de Turismo (ITB) de Berlín e a Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid.

Dada a importancia do evento e do mercado británico, Turismo de Galicia aposta por esta feira aumentando nesta edición as dimensións do seu posto en relación a edicións anteriores.

O posto inclúe unha zona para atención de profesionais e tres mostradores destinados á oferta turística galega e ao Camiño de Santiago.

POWERED BY BIGPRESS