O ataque do Dépor bota de menos a Lucas Pérez. Desde que marchou, despois do primeiro partido de liga ante o Eibar, a seca de goles que padece o equipo herculino é evidente. Agora, o dianteiro coruñés do Arsenal volve a casa, aínda que sexa só para se recuperar da actual lesión que sofre nun nocello.


O club anunciono na súa web oficial, nunha breve nota na que di que "dacordo cos plans dos servizos médicos do club inglés, en comunicación cos servizos médicos do Deportivo, o dianteiro utilizará as instalacións deportivistas durante os próximos días".


O diagnóstico da lesión apuntou a unha rotura de ligamentos no nocello esquerdo e está previsto que a recuperación se alongue unhas seis semanas. 

POWERED BY BIGPRESS