Aparece un cadáver dun home nun río en Vilalba
lunes, 7 de noviembre de 2016, 19:29
Río Martiñán. //Foto: turismo.gal
O cadáver dun home de 75 anos de idade foi atopado na tarde deste luns flotando no río de Martiñán, no municipio lucense de Vilalba.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o home faltaba desde primeira hora da súa casa e foi achado sobre as 16,00 horas, cando varios veciños conseguiron sacar o corpo da auga sen que fosen necesarios medios de rescate.
Así mesmo, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Vilalba, aos voluntarios de Protección Civil aos axentes da Garda Civil. Polo momento, descoñécense as circunstancias que rodearon este suceso.