Os efectivos de emerxencia controlaron tras unhas tres horas de traballo, sobre as 9,00 horas deste martes, o incendio industrial declarado nun serradoiro do municipio de Vilalba (Lugo). En concreto, o lume afecta ás instalacións da empresa Maderas Goiriz.


Segundo informou o 112 Galicia, os corpos mobilizados continuaban ao mediodía cos traballos para sufocar por completo as chamas.


En concreto, segundo indicaron as mesmas fontes, foron mobilizados dotacións dos Bombeiros de Vilalba e de Barreiros e membros de Protección Civil, entre outros.


Polo momento, no Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia non hai constancia de danos persoais por este lume que se declarou sobre as 5,45 horas deste martes nas instalacións que o serradoiro ten no polígono industrial da localidade..

POWERED BY BIGPRESS