Os membros do GES da Estrada rescataron na noite deste venres e este sábado o cadáver dun home que levaba días en paradoiro descoñecido.


Os efectivos de emerxencias colaboraron cos axentes da Garda Civil na recuperación do corpo que foi localizado na entreplanta dunha vivenda situada no Concello de Vedra. Todo parece indicar que a persoa morreu por causas naturais.


VIGO


Outro home faleceu este sábado pola mañá cando paseaba polo monte. En concreto, o suceso ocorreu ás 11,30 horas nunha zona coñecida como a Fonte das Mozas, en Vigo.


Segundo indicou o CAE 112 Galicia, o corpo sen vida foi localizado por uns veciños, que pensan que o falecido podía estar a recoller castañas. Polo momento, descoñécense as causas do falecemento.


O persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración dos profesionais de Urxencias Médicas e de dous axentes da Policía Nacional.

POWERED BY BIGPRESS