En Viaqua, compañía galega líder na xestión do ciclo integral da auga, cremos que aprender da natureza é clave para enfrontar os retos climáticos e ambientais actuais. A natureza non xera residuos: todo se reintegra, se transforma e se reutiliza. Este principio guía o noso compromiso coa circularidade, a sustentabilidade e a resiliencia dos municipios galegos onde estamos presentes. 

 

Un novo modelo: as ecofactorías 

Na natureza, nada se desperdicia. Seguindo esta lóxica, Viaqua impulsa un novo modelo de economía circular a través das ecofactorías, que revolucionan o concepto tradicional de depuradora. Nestes centros, a auga residual convértese en recursos, os residuos transfórmanse en biogás ou fertilizantes, e a produción de enerxía renovable permite que as instalacións funcionen de forma autónoma e con baixas emisións. 

 

O exemplo máis destacado en Galicia é a Ecofactoría de Ourense, referente a nivel estatal e europeo. Grazas á colaboración público-privada entre o Concello de Ourense e Viaqua, esta infraestrutura promove a descarbonización do ciclo integral da auga na cidade, aliñándose cos obxectivos climáticos globais.

Vista aérea da Ecofactoría de Ourense 

Pero as ecofactorías son tamén espazos abertos á sociedade. Están deseñadas para ser centros de educación ambiental, onde visitantes de todas as idades poden coñecer de preto o ciclo da auga e a importancia de protexer os recursos naturais. Ademais, funcionan como hubs de innovación para o desenvolvemento de proxectos relacionados coa reutilización da auga, a valorización dos residuos ou a xeración de novos recursos a partir de subprodutos industriais, urbanos, agrícolas ou rurais. 

 

Neste contexto nace o Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, promovido por CETAQUA Galicia, o centro tecnolóxico de Viaqua. Desenvolvido na ecofactoría de Ourense en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), este proxecto exemplifica os beneficios da colaboración público-privada e sitúa Galicia na vangarda da transición ecolóxica, cun modelo que aposta pola neutralidade climática e a economía circular como piares do futuro. 

 

Infraestruturas verdes para un futuro sen microplásticos 

En Santiago de Compostela, Viaqua lidera a posta en marcha dunha infraestrutura verde pioneira, orientada a tratar as augas de escorrentía urbana antes de que cheguen aos ríos. Este sistema innovador integra dous dispositivos de drenaxe urbana sostible (SuDS) e un humidal artificial, deseñados para reter máis do 70 % dos contaminantes arrastrados pola choiva, incluíndo hidrocarburos, aceites, sólidos en suspensión e microplásticos.

 

O proxecto, enmarcado na iniciativa europea WATERUN, representa unha aposta estratéxica por solucións baseadas na natureza para xestionar as augas urbanas contaminadas. A súa implementación contribúe á protección das masas de auga e á mellora da calidade ambiental, aliñándose cos obxectivos da nova Directiva (UE) 2024/3019 sobre o tratamento das augas residuais urbanas. 

 

Este proxecto exemplifica o compromiso de Viaqua coa innovación e a sustentabilidade na xestión da auga, promovendo infraestruturas verdes que contribúen á resiliencia urbana fronte aos desafíos ambientais actuais. 

 

Infraestrutura verde promovida por Waterun no polígono da Sionlla, Santiago de Compostela 

 

Cultura da conservación e compromiso coa contorna 

En Viaqua, cremos que a sostibilidade non só se constrúe dende a innovación tecnolóxica, senón tamén dende a concienciación social e a educación ambiental. Por iso, promovemos campañas de sensibilización e programas formativos dirixidos tanto ao noso persoal como ás comunidades locais, co obxectivo de fomentar o uso responsable da auga e a protección dos ecosistemas

 

A través de accións educativas como Aqualoxia, dirixidas ao público escolar, e iniciativas de voluntariado ambiental, invitamos á cidadanía a participar activamente na conservación da natureza, sementando valores de respecto e coidado pola nosa contorna natural.

 

Un exemplo destacado deste compromiso coa biodiversidade é o programa BiObserva, a través do cal o noso persoal recolle datos valiosos sobre a presenza e evolución de especies de aves nas instalacións que xestionamos. Esta información contribúe á mellora do coñecemento sobre o estado da biodiversidade e á súa conservación. 

 

Este tipo de iniciativas permiten implicar os equipos de Viaqua nunha causa común, reforzando o vínculo coa natureza e co territorio, e posicionan as nosas instalacións non só como infraestruturas técnicas, senón tamén como espazos vivos e integrados na biodiversidade local

 

Censo BiObserva realizado na ETAP do Lérez, Pontevedra 

 

Avanzar máis rápido, xuntos 

En Viaqua, integramos a circularidade, a innovación e o respecto polo medio natural como piares estratéxicos na nosa forma de entender a xestión da auga. Facémolo desde Galicia e para Galicia, mediante alianzas público-privadas, traballo conxunto coas administracións e coa sociedade, apostando por un modelo que sitúe ás persoas e ao territorio no centro. 

 

Porque só sumando esforzos podemos avanzar máis rápido cara a un futuro climaticamente neutro, biodiverso e sostible, onde a auga siga sendo fonte de vida e benestar para as xeracións presentes e futuras.

 

Contenido remitido por Viaqua


 

POWERED BY BIGPRESS