O Concello de Pontevedra vén de lanzar a campaña “Primeiro Acoso” que consiste en convidar ás mulleres a compartir en redes sociais (principalmente en Twitter e Facebook) o seu primeiro recordo de se sentiren acosadas, ameazadas ou inferiores polo simple feito de ser mulleres. O convite é a participar a través do paraugas hashtag #PrimAcoso (primeiro acoso).


O propósito, segundo indican desde a páxina do Concello, é compartir esas situacións nas que, por primeira vez, as mulleres se sinten intimidadas ou minorizadas pola súa condición.


Os obxectivos da campaña son visibilizar a base da 'pirámide da violencia'. Estes microacosos, pequenas agresións, leves humillacións que "ás veces se ignoran", van normalizando comportamentos máis violentos que se "seguen a asumir nunha espiral de adormecemento que pode derivar nunha situación de non retorno", advirten.


No comezo da campaña, a concelleira Carmen Fouces publicou o primeiro chío co hashtag #PrimAcoso co seguinte texto:


6 anos. Un veciño que estudaba no seminario volvía as fines de semana. Sentábame no colo e acariciabame as pernas. #PrimAcoso


Desde o comezo da campaña, varias mulleres, sobre todo do panorama político galego, xa se uniron á iniciativa compartindo a través de Twitter os seus 'primacosos' como o fixo Carmen Fouces:


Ana Pontón

@anaponton

#PrimAcoso 13anos, no recreo do colexio. Nenos fan corro para tocar os meus xenitais e os peitos #25N


Noa Presas

‏@noaourense 

o acoso comeza nos xogos infantís, cousas de nenos e cousas de nenas, xogos para servir aos primeiros #primacoso


Ana Miranda 

‏@anamirandapaz 


Política en reunión. Olla, é guapa "a tipa", di un.Perdoe, vin por lista non por guapa.A eles nunca lle din iso! #PrimAcoso

POWERED BY BIGPRESS