A Policía de Lugo volveu recibir un novo aviso relacionado co violador de Augas Férreas. Segundo infroman hoxe varios xornais, a chamada fíxoa unha das súas vítimas, que se volveu topar con el na porta do mesmo edificio.


Ao parecer, a moza recoñeceu o agresor e puido fuxir e dar o aviso. Segundo contaron os veciños, varias patrullas da Policía acudiron á zona, pero o violador xa fuxira.


Tal e como se conta nestas informacións, nas redes sociais e nos grupos de Whatsapp dos lugueses, circulan "constantes alertas sobre supostos ataques ou intentos de violación en distintas zonas da cidade, así como da chegada de supostas vítimas aos servizos de Urxencias". Mentres, "é perceptible o aumento da presenza policial" en distintas zonas da cidade.


POWERED BY BIGPRESS