O Comité Técnico de Árbitros da Federación Española de Fútbol acordou denunciar ante o Comité de Competición o presidente del Deportivo, Tino Fernández, polas súas declaracións críticas coas actuacións arbitrais.


Tino Fernández manifestou durante un encontro do filial en Abegondo que "é sorprendente o nivel de erros que se acumulan" en contra do Deportivo. Afirmou que non ve "unha man negra" nin "intencionalidade", pero cualificou as actuacións dos colexiados de "arbitraxes de merda".


O presidente do Deportivo, moi duro, non cuestionou a profesionalidade dos xuíces, que considera "bos árbitros", pero sí o nivel da arbitraxe, que situou nun nivel de "lixo". E recordou que nos dous últimos partidos as decisións dos colexiados lles restaron "5 puntos, que é o 10 por cento do obxectivo" do equipo.


Segundo o Comité Técnico de Árbitros, estas declaracións atentan contra a dignidade do colectivo arbitral, tal e como avanza el medio dixital Iusport. Os colexiados ven que se vulnerou o Código Disciplinario da RFEF, que se refire aos "actos notorios e públicos que atenten á dignidade e decoro deportivo". A infracción está castigada cunha sanción que vai dos 602 aos 3.006 euros.

POWERED BY BIGPRESS