Un condutor foi inmobilizado pola Policía Local de Santiago após chocar contra dous vehículos ao saírse da vía e fuxir sen identificarse.

Tal e como trasladou o Concello de Santiago no parte de incidencias dos últimos días, os feitos producíronse ás 17.21 horas do pasado venres.

Un condutor saíuse pola marxe dereita na rúa Miguel Ferro e chocou contra dous vehículos estacionados. Posteriormente, o condutor foise do lugar sen proporcionar os datos sobre a súa identidade.

Pouco despois, volveuse a saír da vía en marzo de Arriba, onde foi inmobilizado polos axentes.

POWERED BY BIGPRESS