O Comité de Competición sanciona con dous partidos a Sergio Álvarez e con catro a Hugo Mallo polos cartóns vermellos que viron en Ipurúa. Tamén o preparador físico, Pablo Fernández perderá os próximos dous encontros de competición nacional. Os tres foron expulsados o sábado.


O castigo tamén é económico, tanto para o club como para os xogadores. O Celta deberá aboar 2.100 euros, Sergio 600 e Hugo Mallo, 3.005.


Lembremos que o Celta emitiu un comunicado acusando o árbitro Munera Montero de mentir ao o recoller na acta que Hugo Mallo lle chamou "sinvergüenza" e que despois lle pediu desculpas no vestiario. Porén, Competición ratifica a acta do colexiado.


É previsible que o club presente un recurso contra esta resolución ante o Comité de Apelación, paro o que dispón dun prazo de dez días hábiles.

POWERED BY BIGPRESS