Un mozo de 36 anos veciño da Armenteira faleceu este luns nun accidente de tráfico en Meis (Pontevedra), tras saírse da vía o vehículo no que circulaba e caer por un barranco, segundo informan o 112 e os bombeiros do Salnés.


O coche foi localizado pouco antes do mediodía por un veciño na estrada que sobe do mosteiro da Armenteira en dirección ao campo de golf.


Segundo explicou Protección Civil de Meis, a posición en que quedou o vehículo, metido nun desnivel duns cinco metros, fixo que pasase desapercibido para quen circulase pola zona.


Urxencias Médicas envío un equipo a bordo do helicóptero con base en Santiago, pero non puido facer nada por salvar a vida do condutor, cuxo corpo tivo que ser excarcerado por efectivos do parque comarcal de Ribadumia.

POWERED BY BIGPRESS