As licenzas concedidas para a construción de edificacións de nova planta aumentaron un 80% en agosto en comparación co mesmo mes de 2015, ata un total 174, fronte ás 97 de 12 meses antes.


Segundo os datos que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE), estas licenzas permitirán construír 91 novas vivendas, unha cifra similar neste caso ás 89 de agosto de 2015.


Pola súa banda, en agosto deste ano concedéronse licenzas para rehabilitar 122 edificios, 28 máis que os 94 do mesmo mes de 2015. O número de vivendas a rehabilitar serán 31, o dobre das 15 de 12 meses antes.


Tamén crecen os edificios para demoler en agosto ata un total de 15 (eran 9 un ano antes), así como as vivendas para demoler soben a 21, fronte ás 10 de agosto de 2015.

POWERED BY BIGPRESS