O presidente do Celta, Carlos Mouriño, acudiu este venres a un acto no Círculo de Empresarios de Vigo no que deu a coñecer que está disposto a construír un novo estadio e tamén unha nova cidade deportiva para o Celta noutro concello no caso de que "persista" a falta de entendemento entre o club e o Concello de Vigo, despois da reunión que mantivo en segredo onte co rexedor da cidade olívica, Abel Caballero. 


A mazá da discordia entre concello e club é a compra do agora estadio municipal de Balaídos. A proposta foi rexeitada por todos os grupos políticos, polo cal Mouriño asegurou que e conseguir os permisos correspondentes por parte de concellos limítrofes tales coma O Porriño, Mos ou Nigran, estaría disposto a trasladar o campo e as instalacións deportivas, aínda que afirmou que "como vigués" lle daría "unha gran pena". 


Sobre a potencial venda do club, Mouriño confirmou que existe unha oferta dun comprador, pero non existe firma nin comproiso de venda. O presidente do Celta asegurou que a súa intención é "o arraigamento do Celta en Vigo", algo que, ao seu xuízo, se conseguiría con estadio en propiedade e unha cidade deportiva. Porén, Mouriño lamentou as "trabas" aos seus proxectos por parte do Concello, e e asegurou que aínda que a venda do club non está entre as súas prioridades, si é unha "posibilidade", e puxo como exemplo equipos de México ou EUA onde o cambio de cidade dos equipos é algo habitual. 


Mouriño anunciou así unha campaña de recollida de avais para a súa proposta de adquirir o estadio municipal de Balaídos, algo que o alcalde descartou totalmente en numerosas ocasións. 

POWERED BY BIGPRESS