O apicultor Lolo Andrade retirou na noite deste venres no municipio coruñés de Coirós un niño de avispa velutina de máis dun metro de alto e de case 20 quilos de peso.


O avispero asentouse nunha cerdeira contigua á casa dun veciño da localidade, a uns 8 metros de altura. Segundo Andrade, este é un dos niños máis grandes que retirou ata o momento e, segundo puido comprobar, no seu interior vivían varias avispas raíña.


"Ao retirar a colonia evitouse que as raíñas deste panal formen novos avisperos a primavera que vén", indicou o experto, que lamentou que a poboación non sexa aínda "totalmente consciente do prexudicial que é está especie".


Desde o mes de maio, Andrade retirou preto de 50 niños de avispa asiática no municipio, labor que tamén desenvolve en Oza-Cesuras e outros municipios da área metropolitana da Coruña.

POWERED BY BIGPRESS