Lucas Pérez celebra un dos goles. //Foto: @LP10oficial

Por se quedaba algunha dúbida, Lucas Pérez encargouse esta noite de disipalas. Despois da lesión, que o trouxo incluso de volta á Coruña, o futbolista galego está recuperado. Demostrouno da mellor maneira que o pode facer un dianteiro, con goles. O ex do Dépor marcou os tres primeiros goles da vitoria do Arsenal no campo do Basilea, nun partido que rematou 4-1 e que deixa os gunners como primeiros de grupo para os dezaseisavos de final.

O xogador coruñés convértese, deste xeito, no primeiro xogador español en marcar un hat trick no seu primeiro partido como titular nun encontro de Champions. O seu adestrador, Arsene Wenger, recoñeceu que "Lucas Pérez aproveitou as boas oportunidades que creamos. Sabemos que é un goleador e esta noite demostrou que ten un gran olfato".

Superados os problemas físicos, o galego non deixou marchar a ocasión de reivindicar máis protagonismo na segunda metade da temporada.

POWERED BY BIGPRESS