A piques de comezar a campaña de Nadal, o sector marisqueiro galego recibe con preocupación o peche de polígonos e bancos marisqueiros na comunidade, por mor das toxinas. O último informe do Intecmar indica que hai pechados 23 dos 56 polígonos bateeiros e 13 bancos de marisqueo.

A prohibición de extracción afecta principalmente a moluscos coma os mexillóns, ostras, berberechos e ameixas. Porén, todo o marisco que chega ao mercado é apto para o consumo, sempre que siga os cauces legais.

A nivel económico o 2016 está a ser un bo ano en canto á produtividade, propiciada en parte polo bo tempo destes últimos meses. Ás portas do Nadal, unha época fundamental de vendas para os produtores e comerciantes do marisco. Está por ver se eses niveis de toxinas detectados quedan nun feito puntual ou se trata dun episodio que se pode prolongar no tempo.

POWERED BY BIGPRESS