Representación de Foucellas. //Foto: Talía Teatro

A compañía galega Talía Teatro presenta este venres, día 9 de decembro, o seu último espectáculo 'Foucellas' no Auditorio Municipal de Ribeira. A función arrancará ás 21,30 horas.

Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do famoso maqui galego, nunha obra na que ficción, o mito e a realidade se mesturan para facer reflexionar ao espectador sobre un momento único e determinante da historia de Galicia.

Segundo explicou a compañía, a súa nova proposta vén referendada por un dos grandes nomes da escena galega, Cándido Pazó, que dirixe e asina o texto orixinal escrito 'ex profeso' para este espectáculo.

Ademais da función do venres en Ribeira, Talía Teatro porá en escena o seu 'Foucellas' o sábado, día 10, na Casa da Cultura de Oliveira, en Dumbría, ás 21,00 horas.

POWERED BY BIGPRESS