Encoro de Lindoso // @emerx_galicia


O corpo sen vida dunha moza foi localizado este sábado flotanto no encoro de Lindoso, no concello Lobios, de onde tivo que ser rescatado.


Segundo informou o CAE 112 Galicia, foron uns particulares os que atoparon as pertenzas da moza, duns 20 anos, á beira da N-540 e acudiron a unha estación de servizo próxima a avisar.


Os alertantes chamaron ao 112 Galicia ás 12,20 horas desta mañá. Segundo indicaron, desde a súa posición podían ver o corpo da moza na auga.


Os feitos ocorreron preto do lugar coñecido como Ponte da Malleta. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou enseguida a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao GES de Lobios. Tamén se alertou á Policía Autonómica e á Garda Civil.


O cadáver da muller foi rescatado polos efectivos do GES desprazados ata a zona.

POWERED BY BIGPRESS