Cidades e vilas de toda Galicia acolleron o martes mobilizacións de repulsa contra a violencia machista, por mor dos dous asasinatos da última fin de semana (en Vigo e Santiago). En Santiago lembraron especialmente a Elena, a veciña acoitelada o venres na súa vivenda, supostamente pola súa ex parella, que fuxiu e ten unha orde de busca internacional.




No caso de Vigo, o detido o sábado en relación co crime machista, pasa este mércores a disposición xudicial.

POWERED BY BIGPRESS