O Nadal é unha época particularmente ilusionante para os nenos e nenas porque implica recibir agasallos especiais. E para que ningún deles "quede sen o seu regalo nestas festas de Nadal e Reis", son habituais as iniciativas de doazón de xoguetes.


Deste xeito, a empresa Viaqua entregou ao Concello de Viveiro "unha partida de xoguetes destinada a nenos de familias necesitadas", como parte dunha campaña propia da compañía. Tal e como informou Viaqua, a iniciativa solidaria inclúe xoguetes para rapaces de entre 1 e 16 anos dentro dun proxecto de colaboración que ven realizando a empresa concesionaria da xestión da auga co Concello, e que tamén inclúe outro tipo de accións no ámbito social".


A alcaldesa, María Loureiro foi a encargada de recibir a doazón de xoguetes por parte do xerente de concesións da Zona Norte, Luis Morón.


Os servizos sociais do concello serán os encargados de distribuir os xoguetes entre os beneficiarios de esta iniciativa solidaria, "un total de 99 nenos e nenas de familias necesitadas" do municipio.


A alcladesa valorou a iniciativa e agradeceu a aportación feita por Viaqua a través deste programa social que se engade a otras accións que se están levando a cabo estes días a través da colaboración doutras empresas e entidades.

POWERED BY BIGPRESS