O cántico de "Babel, quédate!" non convenceu o futbolista. //Fonte: RC Deportivo


Ryan Babel, convertido nos últimos tempos en ídolo deportivista, compareceu na zona mixta de Riazor para anunciar a súa despedida do Deportivo, tal e como informa o club na súa web: "Vou falar co meu axente agora pero circunstancias familiares obríganme a aceptar unha oferta que non é a do Deportivo".


Da súa etapa na Coruña, resume que "cando vin non estaba en forma. Os adestradores axudáronme moito. O primeiro mes foi moi difícil pero todo o mundo me axudou para chegar ata aquí".


Iso si, deixou aberta a porta ao seu regreso: "Se me queren de volta, por suposto que volvería".


SIDNEI, ATA 2020


Pola súa banda, Sidnei o Real Club Deportivo pecharon o acordo polo que o futbolista brasileiro permanecerá na disciplina branquiazul ata o ano 2020. Desde a súa chegada ao Dépor o 1 de setembro de 2014, Sidnei converteuse nun referente da zaga deportivista, disputando 79 partidos (6.941 minutos) e anotando 1 gol, o pasado 5 de decembro ante a Real Sociedade.


POWERED BY BIGPRESS