A Asociación Ecoloxista Arco Iris dirixiu un escrito ao Ministerio de Xustiza para esixirlle que explique a posta en liberdade dos presuntos incendiarios de Ponteareas e Bande.


Nun comunicado, a asociación lembrou que os incendios de Arbo e o Xurés foron os maiores deste ano e ocasionaron "graves perdas ambientais e económicas".


"Existen fundadas probas de que ambos os sinistros foron provocados intencionadamente e tamén de que a actuación xudicial non estivo á altura da gravidade dos feitos", criticou Arco Iris.


Ante iso, a asociación asegurou transmitir ao Ministerio de Xustiza "un sentimento xeneralizado" de "indignación e desanimo cada día máis arraigado" en Galicia, que crece "cada vez que os cidadáns asisten ás repetidas "postas en liberdade de presuntos incendiarios".


"A sensación de que estes crimes execrables quedan impunes pola inacción ou mesmo neglixencia vai en aumento", destacou Arco Iris, que pediu ao Ministerio que se valore a creación dunha xurisdición especial que tramite este tipo de delitos contra o medio ambiente.

POWERED BY BIGPRESS