A Garda Civil investiga a aparición do cadáver dun home no interior dun vehículo estacionado na localidade pontevedresa de Catoira.


Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, un particular chamou sobre as 10,30 horas para alertar da presenza dunha persoa aparentemente falecida no interior dun vehículo estacionado nas inmediacións dunha vivenda do Paseo de Xelmírez.


Ata a zona desprazáronse efectivos sanitarios, que confirmaron o falecemento do home, así como axentes da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación.

POWERED BY BIGPRESS