Os servizos de emerxencia continúan buscando á muller de 59 anos que desapareceu o pasado xoves no Concello lucense de Cangas de Foz.


De feito, segundo relataron fontes próximas á investigación, este sábado ampliouse o dispositivo de procura con máis persoal co obxectivo de achar á muller desaparecida. Ademais de rastrexar a zona de Riosmar, o dispositivo estaría a buscar á desaparecida tamén pola zona de Burela. 


Foi o seu irmán quen deu a voz de alarma o pasado xoves pola noite despois de que a muller de 59 anos saíse para alimentar ao gando e non voltase a casa.


No momento da desaparición, María Antonia Souto vestía unha chaqueta de cor verde, un pantalón de cor negra, un gorro de lá negro e uns zapatos tamén negros

POWERED BY BIGPRESS