Deleite presentou este venres en Lugo a súa nova gama de leite sen lactosa, de maneira que saca ao mercado variedades semidesnatado e desnatado.


A nova gama presentouse nun centro comercial cun concerto do grupo galego De Vacas. Deleite está na actualidade á venda en supermercados do grupo Vegalsa-Eroski, Carrefour, Alcampo, O Corte Inglés, Lle Clerc e grupo Cuevas, así como en tendas tradicionais e hostalería.


Esta marca volveu ao mercado fai sete meses impulsada por unha trintena de gandeiros galegos agrupados na sociedade Leite Noso. Actualmente ofrece contratos estables a 12 meses con 41 granxas provedoras. Recentemente chegou a un acordo de recollida cunha cooperativa da provincia de Lugo que estaba a pasar dificultades.

POWERED BY BIGPRESS