Os medios de extinción conseguiron extinguir esta tarde o incendio forestal que comezou a primeira hora da mañá deste sábado na parroquia de Pradoalbar, situada no muncipio ourensán de Vilariño de Conso.


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 8,24 horas e calcinou unhas 50 hectáreas.


No lugar do incendio traballaron dous axentes, catro brigadas, unha motobomba e 2 helicópteros.

POWERED BY BIGPRESS