O primeiro ministro irlandés, Enda Kenny, aproveitou a súa reunión este xoves co presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, para regalarlle unha camisola da selección galega de fútbol gaélico.


A camisola levaba inscrito no seu dorsal o apelido do xefe do Executivo central, nacido en Santiago de Compostela e pontevedrés de adopción.


"Moi agradecido ao meu bo amigo @EndaKennyTD por tan bonito detalle. Gardareino con agarimo e afecto ;)", sinalou Rajoy a través da súa conta en Twitter.




POWERED BY BIGPRESS