O facultativo do centro de saúde de Serantes Gabriel Calvo Mosquera forma parte do equipo internacional que está a realizar un estudo sobre dor neuropática localizada.


Segundo indicou a Xunta nun comunicado, a investigación, denominada 'Manexo da dor neuropática localizada en centros de Atención Primaria', está enfocada a coñecer as características epidemiolóxicas, clínicas, o tratamento, e a eficacia deste nos pacientes que sofren esta patoloxía.


Neste traballo, que comezou o pasado mes de decembro, participan médicos dos centros de saúde de Francia, Irlanda, España, Italia e Reino Unido. En concreto, hai 12 médicos españois traballando no estudio, entre os que figura o profesional da Xerencia Integrada de Ferrol, Gabriel Calvo.


A dor neuropática prodúcese por lesión ou enfermidade do sistema nervioso e afecta o sete por cento da poboación. Pola súa banda, a dor localizada supón o 20 por cento desa dor neuropática.

POWERED BY BIGPRESS