#Claves de la semana

Grândola Vila Morena volve soar en Santiago, onde se escoitou por primeira vez anos antes da Revolución

Grândola Vila Morena, o himno oficioso do 25 de abril cando se produciu a coñecida como Revolución dos Cravos que acabou coa ditadura salazarista, volve soar este mércores en Santiago de Compostela, onde Zeca Afonso interpretouna por primeira vez anos antes de servir como contrasinal en 1974.

|

Presentación actos do 25 de abril en Santiago de Compostela

Grândola Vila Morena, o himno oficioso do 25 de abril cando se produciu a coñecida como Revolución dos Cravos que acabou coa ditadura salazarista, volve soar este mércores en Santiago de Compostela, onde Zeca Afonso interpretouna por primeira vez anos antes de servir como contrasinal en 1974.

O cantar colectivo acompañado polos 'Enxebres de San Lázaro' partirá da praza de Cervantes (antes coñecida como Praza do Pan) e pasará polo Obradoiro, Praterías, e Rúa do Vilar até a Praza do Toural e forma parte da programación con motivo da celebración do 25 de abril que organiza a Associaçon José Afonso-Galiza en colaboración cos concellos de Santiago de Compostela e Rianxo.

As actividades previstas para conmemorar esta data comezaron o luns coa proxección de 'Bom povo português', de Rui Simoes, e 'O Cravo da liberdade', de Andreia Marques.

Pola súa banda, o martes tivo lugar na Facultade de Xeografía acollerá unha palestra con Camilo Mortágua, capitán de abril, e a profesora Margarita Ledo, exiliada en Portugal no ano 1974, baixo o título 'Os días da Liberdade'.

Este mércores, día 25, ademais da foliada e cantar colectivo que comezará ás 21,00 horas, preséntase a exposición 'Os cartazes do 25 de abril', no Auditorio de Rianxo ás 17,30 horas.

Finalmente, o sábado 28 terá lugar o concerto 'Abril sempre', a cargo dos portugueses José Manuel Ésse 'Trio' e Manuel Teixeira & António Rosa, en Cervantes.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE