#Claves de la semana

O Congreso empezará a tramitar este martes a transferencia da AP-9

Feijóo xa anunciou a semana pasada que o PP votaría a favor da toma en consideración e Gonzalo Caballero ratificou o si do PSOE este luns

|

Autoestrada AP-9

Feijóo xa anunciou a semana pasada que o PP votaría a favor da toma en consideración e Gonzalo Caballero ratificou o si do PSOE este luns

O catro grupos políticos do Parlamento de Galicia mostráronse esperanzados con que o Congreso empece a tramitar a transferencia da titularidade da AP-9 a partir deste martes, en que se debate a toma en consideración da proposición de lei aprobada en marzo de 2016 na Cámara galega despois de que o Executivo de Pedro Sánchez levantase o veto do Goberno de Mariano Rajoy a tratar este tema na Cámara Baixa.

De feito, é previsible un amplo acordo, se se cumpren os anuncios dos líderes políticos. A semana pasada, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa anunciou que o PP apoiaría a tramitación da normativa, aínda que condicionou o si definitivo a que se cumprisen as esixencias do seu goberno, como a liberación da peaxe de Redondela.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ratificou este luns en rolda de prensa o "si" do seu partido no Congreso este luns.

Para o debate deste martes, a partir das 15,00 horas, a Cámara galega envía unha delegación con tres representantes para defender a iniciativa, da que está excluída o BNG, como cuarta forza política, a pesar de que, como leste mesmo luns lembraron os nacionalistas, foron os impulsores deste texto lexislativo. Así as cousas, acudirán Martín Fernández Prado (PP), Antón Sánchez (En Marea) e Luís Álvarez (PSdeG).

Con todo, o BNG decidiu viaxar a Madrid. O seu portavoz nacional, Ana Pontón, e o deputado Luís Bará reúnense na mañá deste martes cos grupos de Bildu, Compromís, ERC, PNV e PDdeCAT para pedirlles o seu apoio á transferencia.

"NADA EXCEPCIONAL"
"Non estamos a pedir nada excepcional", sinalou o luns o portavoz de En Marea, Luís Villares. En Marea, do mesmo xeito que o BNG, mantéñense na petición de que a Administración pública rescate a autoestrada unha vez sexa transferida a titularidade.

Así, En Marea aposta por usar para ese fin os 1.200 millóns previstos para construír unha autovía paralela que está proxectada na rede de estradas do Estado --pero sen executar--.

Tamén a nacionalista Ana Pontón reclamou "non descafeinar" a lei que chegará ás Cortes durante a tramitación parlamentaria e, en concreto, referiuse a necesidade de reverter a concesión, ampliada até 2048.

O PSOE: "OPTIMISTA" E "MOI ESPERANZADO"
O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, mostrouse "optimista" e "moi esperanzado" na véspera dun "día importante" para Galicia, ao entender que a iniciativa terá unha aceptación "moi maioritaria" no Congreso.

"Só con Pedro Sánchez o veto retírase", reivindicou, para insistir en que, ao seu xuízo, a conclusión de todo isto é que "só unha vez o PP saíu da Moncloa isto foi posible".

"COMPROMISO" DO PP
Mentres, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, lembrou este luns o "compromiso" do seu partido no ámbito estatal para votar a favor da admisión a trámite do texto.

Puy valorou que isto "posibilite a apertura dun diálogo entre as dúas administracións" e interpretou que este feito "vence unha resistencia da administración xeral do estado antiga".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE