#Claves de la semana

O Consello Nacional do BNG ratifica este sábado a súa candidatura ás europeas con ERC e EH-Bildu

A proposición, debatida en asembleas locais, recibiu o apoio do 90 por cento da militancia

|

A proposición, debatida en asembleas locais, recibiu o apoio do 90 por cento da militancia

O Consello Nacional do BNG ratificará este sábado, día 15 de decembro, a súa candidatura ás eleccións europeas con ERC e EH-Bildu despois do respaldo que a militancia deu a esta proposta da dirección.

Segundo informou o BNG, as bases do BNG apoiaron "por unha ampla maioría superior ao 90 por cento" a opción de presentarse ás europeas a través dunha coalición de carácter instrumental na que estarán representadas as "forzas soberanistas do tres nacións sen estado: Galicia, Euskadi e Cataluña".

Así, BNG, ERC e EH-Bildu irán conxuntamente ás eleccións do próximo 26 de maio a través dunha coalición de carácter instrumental, polo que cada partido desenvolverá "a súa propia campaña, co seu programa específico e con candidatos propios en función exclusiva dos intereses de Galicia", explicou a líder da formación, Ana Pontón.

A dirección do BGN subliña que, ao tratarse dunha cita electoral con circuncripción estatal, a candidatura conxunta dos partidos nacionalistas "representa unha garantía real de defensa do pobo galego na Eurocámara sen condicionamietos alleos".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE