#Claves de la semana

PPdeG, PSdeG, En Común volven elixir as súas sedes para a noite electoral, Cs un hotel e o BNG un restaurante

Todos eles seguirán os resultados desde distintos puntos de Santiago de Compostela

|

Todos eles seguirán os resultados desde distintos puntos de Santiago de Compostela

A capital galega volverá ser un dos epicentros do seguimento da noite electoral este domingo, xornada para a que a maior parte dos partidos elixiron de novo as súas sedes mentres que Ciudadanos optou por un hotel e o BNG volverá ao restaurante no que se citou nas últimas eleccións.

Deste xeito, os socialistas galegos encabezados polo seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, volveranse a reunir na súa sede autonómica do Pino, tamén na capital galega, onde se espera a presenza doutros destacados dirixentes.

Pola súa banda, os populares galegos farán o reconto dos seus resultados na súa sede en Santiago de Compostela aínda que as comparecencias aos medios realizaranse no Hotel Eurostars de San Lázaro. Así, na sede estarán a dirección do partido en Galicia.

Os candidatos de En Común-Unidas Podemos tamén volverán á súa sede de campaña, no Coworking Campus Stellae situado na histórica Praza da Quintana, para coñecer os resultados das urnas. Alí acudirán o catro cabezas de lista: Antón Gómez-Reino (A Coruña), Yolanda Díaz (Pontevedra), David Bruzos (Ourense) e Lugo (Vanesa Somoza).

Ciudadanos Galicia optou nesta ocasión un hotel da cidade, o Tryp Santiago, onde acudirán os candidatos as cabezas de lista da formación polas distintas provincias galegas.

Ademais, o Bloque Nacionalista Galego trasládase de Rodríguez de Viguri ao restaurante A Nave de Vidán, como xa fixo nos anteriores comicios de 2016. Alí estarán membros da Executiva nacional liderada pola portavoz nacional Ana Pontón.

Pola súa banda, mentres que Máis País non fará seguimento en Galicia, os candidatos de Vox seguirán o reconto electoral desde as súas respectivas provincias.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE