#Claves de la semana

Adif pecha até o 25 de xuño a liña entre Zamora e Ourense tras o accidente do Alvia

Adif acordou o peche de maneira "extraordinaria" da liña férrea entre Zamora e Ourense até o 25 de xuño tras o accidente do Alvia rexistrado este pasado martes nas inmediacións da base de montaxe de La Hiniesta (Zamora) e que custou a vida a dúas persoas, entre elas un maquinista coruñés de 32 anos.

|

Colisión entre un Alvia e un todoterreo.

Adif acordou o peche de maneira "extraordinaria" da liña férrea entre Zamora e Ourense até o 25 de xuño tras o accidente do Alvia rexistrado este pasado martes nas inmediacións da base de montaxe de La Hiniesta (Zamora) e que custou a vida a dúas persoas, entre elas un maquinista coruñés de 32 anos.

O obxectivo deste corte, segundo explicaron desde a administradora, é o de reparar os danos na infraestrutura após o choque do tren Alvia contra un todoterreo que caeu á vía desde un paso superior.

Segundo Adif, aproveitarase este peche da liña para acometer "unha serie de actuacións xa previstas", co fin de minimizar a repercusión sobre a conexión ferroviaria entre Madrid e Galicia neste período de "redución da mobilidade debido á emerxencia sanitaria".

Mentres duren as obras, Renfe establecerá un plan alternativo de transporte por estrada para os clientes dos servizos afectados, que inclúe transbordos en autobús entre Zamora e Ourense, así como entre Pontevedra e Zamora, en función da ruta.

Os traballos de Adif, por outra banda, consistirán na modernización da sinalización e control do tráfico no tramo Pedralba-Taboadela, a renovación da infraestrutura no tramo ourensán da liña Madrid-Galicia e diferentes obras "relacionadas coa adaptación do traxecto aos parámetros da alta velocidade" no tramo Taboadela-Ourense.

A administradora ferroviaria adaptou así o seu plan de traballo despois do accidente do Alvia en La Hiniesta que custou a vida a dúas persoas, un novo maquinista coruñés e o condutor do vehículo ao que impactou o tren, de 89 anos de idade.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE