#Claves de la semana

Os centros rozan o milleiro de casos con Vigo como foco principal da incidencia da pandemia

Mos e a cidade olívica contan con gromos escolares que alcanzan ou superan os 10 contaxios por COVID-19

|

Mos e a cidade olívica contan con gromos escolares que alcanzan ou superan os 10 contaxios por COVID-19

A escalada de positivos no sistema educativo aínda non remite e os positivos rozan este xoves o milleiro de contagios en centros, institutos e escolas infantís galegas.

As autoridades sanitarias cuantifican polo menos 961 casos nestas instalacións, case medio centenar máis que a xornada anterior e que manteñen unha tendencia de incremento constante e alcanzan cifras que superan nun 30 por cento ás rexistradas hai unha semana.

Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 46 aulas, unha escola infantil en Lugo e un punto de atención á infancia en Boborás aínda que as cifras de incidencia son maiores ás achegadas pola Xunta, que só recolle as unidades e centros clausurados polo Sergas e non outros peches que se producen por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo ante a COVID-19.

Neste contexto destaca a área sanitaria de Vigo, que se mantén como o foco principal da incidencia da COVID-19 ao contar con 225 positivos por COVID-19 nos seus centros.

A cidade olívica e o municipio de Mos rexistran, ademais, os casos máis graves de contaxios de todo o territorio galego, con dez positivos no CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago e once no Plurilingüe Lareira, respectivamente.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE