A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, reuniuse coa nova xunta directiva da Federación galega de caza
Ethel Vázquez destaca a importancia do desenvolvemento a curto prazo dunha licenza única de caza que permita a práctica da actividade cinexética noutras comunidades
- Na reunión intercambiáronse opinións sobre a relevancia do sector cinexético na comunidade, non só polo seu valor económico, senón tamén polo seu destacable compoñente social
- Vázquez subliñou o papel que desempeña a Federación galega de caza e agradeceulles os seus esforzos por mellorar o sector cinexético, compatibilizando a actividade e o mantemento da biodiversidade
Escribe tu comentario