#Claves de la semana
Urxencias Sanitarias de Galicia-061

O 061-Galicia asistiu a 96 persoas por 74 accidentes de circulación durante as festividades de Semana Santa

Dende as 15,00 horas do mércores 1 de abril ás 23,59 horas do domingo 5 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 84 chamadas por accidentes de tráfico


|

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015.- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa a un total de 96 persoas debido a 74 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do mércores, 1 de abril, ata as 23:59 horas do domingo, 5 de abril. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 22 accidentes.


A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 84 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 74 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 96 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64 e do 36 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 31 por cento dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.


Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 29 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.


Provincia
Accidentes
A Coruña29
Lugo14
Ourense9
Pontevedra22
Galicia74

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 111. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a nove sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu en catro ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 81 sinistros, os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 ocasións, e as ambulancias convencionais acudiron a sete sinistros.


En 83 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, 11 persoas foron asistidas no lugar do sinistro e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE