#Claves de la semana
Celso, militante socialista dende 1936, recibe un merecido homenaxe en Poio

Homenaxe a Celso, o militante socialista máis antigo de España

El secretario general del PS , José Ramón Gómez Besteiro , dijo Celso García de la Riega " reencarna el espíritu y los valores de una fiesta con más de cien años de historia "

“Hai un compromiso detrás das nosas siglas, e a forza que nos dá a historia do PSOE é o que nos diferencia e nos catapulta cara ao futuro”

“Nós non ocultamos as nosas siglas fronte aos que teñen medo a ensinalas; nós ensinamos toda a forza que nos aporta o noso partido e persoas como Celso”, dixo ante familiares e compañeiros.

 

|


                     Celso García de la Riega, de 99 anos

Poio(Pontevedra)

O PSdeG rendiu esta mañá unha emotiva homenaxe en Poio a s, o militante socialista máis antigo de España, que estivo arroupado pola súa familia e compañeiros de partido e polo secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro. O líder dos socialistas galegos quixo destacar a “valentía” e o “compromiso” que reflicte a vida de Celso.


“Hai un compromiso detrás das nosas siglas, e este compromiso e a forza que nos dá a historia é o que nos diferencia e nos catapulta cara ao futuro”, afirmou.


Besteiro destacou os máis de 130 anos de historia do PSOE. “Nós non ocultamos as nosas siglas, fronte aos que parece que teñen medo a ensinalas. Nós ensinamos toda a forza que nos aporta o noso partido e persoas como Celso”, dixo, coa “loita polas liberdades e pola igualdade de oportunidades, para poder partir todos da misma liña de saída”.
Nun acto no que Celso recibiu un ramo de rosas e unha escultura da República, o candidato á alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, agradeceulle as súas “leccións de socialismo” tras 80 anos de afiliación en Pontevedra. “En tempos moito peores el mantivo as súas ideas, e é un exemplo para seguir adiante, porque os socialistas somos os que transformamos o mundo e melloramos a sociedade”, afirmou. Pola súa banda, o secretario xeral provincial, Santos Héctor, amosou o seu “orgullo” por telo como compañeiro e quixo recoñecer “a súa loita na defensa da igualdade, a liberdade e a xustiza social, valores que leva acuñados ata hoxe e que fan valer a súa loita despois de tantos anos.



Emoción da súa familia


Tanto o fillo de Celso, Guillermo, como a súa sobriña, Maica, contaron visiblemente emocionados e coa voz entrecortada momentos importantes da vida do que é o militante número 1 do PsdeG. Ingresou no partido no ano 36, con 20 anos e en plena Guerra Civil. “Non só é unha homenaxe a el, senón a todos aqueles que no 36 fixeron o esforzo de loitar contra o levantamento e a favor da República, a todos aqueles que quedaron polo camiño”, destacou o seu fillo, visiblemente emocionado. “Loita, lealdade e sufrimento”, apuntou. Pola súa, banda, Maica quixo ter unha lembranza á figura de Merchi, a que foi a muller de Celso e “a persoa máis importante da súa vida”. Como anécdota, contou que ela era filla do Presidente da Audiencia de Pontevedra e foi unha relación complicada. De feito, o pai obrigou a atrasar un día a data da voda cando se decatou de que Celso a puxera o 14 de abril, aniversario da República. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE