#Claves de la semana
Galicia promove os seu pontos fortes en Paris

‘Camiño, Viños e Camelias’ de Galicia promóvese en París ata o día 2 de maio

Trátase dun innovador produto turístico que combina o Camiño de Santiago, a Ruta da Camelia e a Ruta dos Viños Rías Baixas


Ademais o vindeiro día 15 de abril terá lugar no establecemento francés un showroom degustación para o público xeral e o día 16 celebrarase un cóctel de presentación, elaborado polo Grupo Nove, para operadores turísticos e medios de comunicación


Francia é o terceiro mercado internacional de Galicia ao representar o 10,4% do total dos estranxeiros que visitan a Comunidade


|

París (Francia), 12 de abril de 2015.- Co obxecto de dar a coñecer o nova experiencia turística de Galicia ‘Camiño, viños e camelias’, Turismo de Galicia, en colaboración coa Denominación de Orixe Rías Baixas, desenvolve unha acción de promoción ata o próximo día 2 de maio en París, no establecemento especializado na venda de viños Lavinia, situado no Boulevard de la Madeleine.


A experiencia “Camiño, Viños e Camelias”, é un innovador produto turístico que combina o Camiño de Santiago, a Ruta da Camelia e as adegas que forman parte da Denominación de Orixe Rías Baixas.


Para esta campaña, escolleuse a tenda especializada Lavinia, cadea de vinotecas con tenda en París, como sede e plataforma de lanzamento deste novo produto turístico en Francia, un dos mercados emisores máis importantes para Galicia.


No pasado ano Galicia recibiu 112.424 viaxeiros procedentes de París, cifra que xerou perto de 190.000 pernoitas na nosa Comunidade. Deste xeito, no pasado ano o mercado francés superou nun 20% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 16% o número de noites do anterior ano 2013.


Francia é o terceiro mercado internacional de Galicia, por detrás de Portugal e Alemaña, ao representar o 10,4% do total dos estranxeiros que visitan a nosa comunidade.


Durante os días nos que se desenvolve esta acción de promoción, o establecemento especializado na venda de viños lucirá unha decoración que trasladará a todos os visitantes a unha contorna típica de xardín de pazo galego e contará tamén con elementos relacionados co Camiño de Santiago. Ademais, durante estes días, os viños galegos da Denominación de Orixe Rías Baixas terán unha promoción especial.


Showroom e cóctel de presentación


Ao obxecto de reforzar a difusión no mercado francés desta experiencia turística que combina turismo cultural, natureza e enogastronomía, o día 15 de abril desenvolverase na sede de Lavinia un showroom degustación para público final, entre as 19.00 e as 21.00 horas.


Así mesmo, o día 16 de abril, terá lugar un cóctel presentación para operadores turísticos e medios de comunicación. O cóctel será elaborado por un cociñeiro galego do Grupo Nove, en colaboración co chef de Lavinia.


Campaña de promoción en Madrid


Esta campaña desenvolveuse con gran éxito entre os pasados días 11 de marzo e 4 de abril, en Madrid.


Estas vinotecas luciron unha sorprendente decoración, ambientadas como un auténtico pazo galego con camelias naturais, e acolleron unha selección dos mellores viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, un total de 24 adegas que ofreceron 40 marcas de viño diferentes.


Ademais contaron cun punto de información onde os visitantes puideron informarse de todo o relacionado con esta experiencia, así como, de calquera outra información turística da comunidade de Galicia que espertase o seu interese.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE