#Claves de la semana
José Rodriguez Rodriguez director da Academia Filipina da Lingua Española

Manuel Baltar recibiu ao director da Academia Filipina da Lingua Española

O presidente do goberno provincial cualificou a José Rodríguez como “un ourensán universal que alí onde desenvolve a súa actividade profesional, ben sexa no ámbito do xornalismo, da cultura ou no desempeño de tarefas institucionais sempre ten presente as súas orixes”.


|


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao director da Academia Filipina da Lingua Española, o ourensán de San Xoán de Río, José Rodríguez Rodríguez, con que falou de proxectos culturais e de cooperación internacional, como o que actualmente está a desenvolver a institución provincial en Manila, colaborando na recuperación do casco histórico da capital filipina por medio da arquitecta Eva Reza. Para este proxecto, explicou Manuel Baltar, a Deputación de Ourense foi elixida pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) para participar na recuperación de “Intramuros”, a cidade amurallada máis antiga de Manila, construída polos españois no século XVI e que constitúe o distrito máis antigo da cidade.


O presidente do goberno provincial cualificou a José Rodríguez como “un ourensán universal que alí onde desenvolve a súa actividade profesional, ben sexa no ámbito do xornalismo, da cultura ou no desempeño de tarefas institucionais sempre ten presente as súas orixes”. “É unha excelente mostra de Ourensanía no mundo”, subliñou Manuel Baltar, quen convidou a José Rodríguez asinar no Libro de Honra da Deputación de Ourense.


José Rodríguez (San Xoán de Rio, 1950), xornalista e escritor, é director da Academia da Lngua Española en Filipinas. É doutor en Administración de Empresas pola Universidade de Newport (EE.UU.), e Doutor Honoris Causa en Humanidades das universidades de Manila, Universidade de St Mary e Western Mindanao State University. Pasou a maior parte da súa carreira como xornalista na rexión de Asia-Pacífico, onde foi delegado xeral da Axencia Efe. Foi director de Relacións Institucionais de Unión Fenosa Grupo de Asia-Pacífico, e director do Instituto Cervantes de Manila. Ademais é membro das academias americanas do Salvador e Chile.


Na súa ampla traxectoria profesional foi fundador e director do semanario español “Manila Chronicle”, e foi o primeiro xornalista europeo nomeado presidente da Press Club Manila. Ten ademais unha extensa bibliografía e na actualidade está a preparar a colección Clásicos da Literatura Hispano-Filipina. Escribiu, xunto co historiador filipino Lino L. Dizon, o libro Cruceiro-Spanish Galicia at Some Crossroads in Philippine History and Culture (1521-1898). Recibiu, entre outros premios, a Encomenda de Isabel a Católica, a Medalla de Galicia ea Orde da Sikatuna das Filipinas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE