#Claves de la semana
A falta de pago de IBI, por parte da IGLESIA “supera os 11.000 millóns de euros”, “

A Xunta deixa de ingresar 93.000 euros pola exención da Igrexa do imposto sobre transmisións

O Goberno galego non ten datos sobre canto supón a exención do IBI e apela a que haxa unha "contabilidade rigorosa" na Catedral


|

O Goberno galego deixará de ingresar este ano case 93.000 euros pola exención da que goza a Igrexa de abonar o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, mentres que non ten datos acerca de canto supón que esta institución non teña que pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI).


O BNG preguntou na comisión de Economía do Parlamento galego polos “privilexios” fiscais dos que goza a Igrexa en Galicia e reclamado á Xunta que informe sobre canto deixa de tributar ao estar exenta de pagar varios impostos como o IBI ou o de transmisión patrimonial, á vez que denunciou os acordos entre o Goberno central e a Santa Sé dos anos 70 como “impropios dun Estado aconfesional e laico”.


En resposta, o director da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), Ulpiano Villanueva, asegurou que Galicia “non ten competencias normativas” sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI) polo que non ten datos, que figuran na Dirección Xeral do Catastro. Tamén sinalou que a Igrexa non ten exención no imposto de sucesións e doazóns, xa que só é exixible a persoas físicas e non xurídicas.


Si ofreceu datos sobre o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, do que figura unha estimación cada ano nos orzamentos da Xunta do que deixa de ingresar por este concepto por parte da Igrexa, que para este ano son case 93.000 euros.


Tamén sinalou que por este beneficio fiscal de transmisións, o Goberno galego deixa de ingresar en 2015 uns 2.300 euros de comunidades evanxélicas, e uns 5.600 euros de comunidades israelitas.


Pola súa banda, Jorquera valeuse dun informe do catastro de 2010 para apuntar que a Igrexa ten 7.691 inmobles en Galicia, cun valor catastral de 426 millóns de euros sen que tribute por iso.


Sobre este extremo, Jorquera clamou contra a “competencia desleal” da Igrexa en establecementos hostaleiros e de hospedaxe fronte a outros negocios ao non ter que pagar os mesmos impostos. Un punto sobre o que, ao seu xuízo, a Xunta “pode tomar iniciativas” para modificar este marco.


“IMPORTANCIA DE CONTABILIDADE RIGOROSA” NA CATEDRAL


Durante esta pregunta parlamentaria, Jorquera censurou que, “mentres a Igrexa non tributa” polos inmobles que posúe, “o seu patrimonio custéase con recursos públicos”. Aquí, expuxo que no xuízo do roubo do Códice Calixtino coñecéronse “desaxustes contables” cifrados en “20 millóns de euros” entre 2002 e 2011, mentres que o ladrón “roubou nun só ano 250.000 euros”.


Por este motivo, o Bloque preguntou á Xunta sobre se cre de recibo que a Igrexa poida ter eses desfasamentos contables e máis recibindo fondos públicos. En resposta, o responsable da Atriga limitouse a apelar á “importancia dunha contabilidade rigorosa e exacta” para a Igrexa, pois mostrouse “firme defensor” de que haxa unhas contas claras.


Finalmente, o BNG referiuse a estudos que indican que se se suma o que a Igrexa deixa de tributar e o que recibe de fondos públicos en España o impacto económico anual para o Estado “supera os 11.000 millóns de euros”, “bastante máis que o orzamento da Xunta”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE