#Claves de la semana
En Burela (Lugo) do 14 ao 17 de maio

Expomar 2015 abordará a incidencia da normativa comunitaria na actividade pesqueira

A conselleira do Medio Rural e do Mar presidiu a presentación da XVI edición da Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar, 21015, que terá lugar no concello lugués de Burela do 14 ao 17 de maio


|

A XVI edición da Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar abordará á incidencia da normativa comunitaria na actividade pesqueira e a protección das xentes do mar, no marco das XXII Xornadas Técnicas. Así o destacou esta mañá a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na presentación deste certame, que terá lugar do 14 ao 17 de maio na localidade luguesa de Burela.


Rosa Quintana salientou que estas xornadas técnicas abordarán, nun primeiro piar, o programa operativo español e as obrigas de desembarque, o sistema de TAC e cotas e a visión que o sector ten da normativa comunitaria.


Nun segundo bloque exporanse as inquedanzas do sector relativas á protección e seguridade dos traballadores do mar, analizando os sistemas de protección social e a existencia dun servizo de salvamento e loita contra a contaminación.


A conselleira destacou a importancia desta feira, que se converteu nun referente para a náutica pesqueira de todo o país, onde participan autoridades do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, técnicos do Instituto Español de Oceanografía, representantes doutras comunidades autónomas e as Federacións de Confrarías. Rosa Quintana remarcou tamén o carácter profesional do XVI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, onde se debaten as necesidades e demandas do sector.


Expomar


O obxectivo xeral desta feira é a promoción e o desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro. Para este fin organízase un amplo conxunto de eventos coincidentes sempre cos intereses do sector do mar, que pasan pola súa promoción, formación e información. Ademais dáse mostra dos avances tecnolóxicos para a mellora da competitividade, realizando toda clase de actividades relacionadas co mundo do mar.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE