Feijóo, recibido entre aplausos polo seu comité de dirección 12 anos despois da súa primeira maioría absoluta

|

Comité de dirección do PPdeG.

O presidente galego recibe a felicitación do PP estatal, da que se fixo eco Casado, e tamén de Díaz Ayuso

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi recibido polos membros do comité de dirección do PPdeG, convocado para a tarde deste luns, cando se cumpren 12 anos da súa primeira maioría absoluta, a que permitiu aos populares recuperar o poder en Galicia, entre aplausos. Tamén recibiu numerosas felicitacións en redes, empezando pola do PP estatal, obxecto de 'retuit' por Pablo Casado.

A pesar dos aplausos, fontes do PPdeG destacaron que a deste luns foi unha reunión convencional na que se realizaron os informes habituais por parte dos principais dirixentes do partido co obxectivo de "seguir acertando na toma de decisións orgánicas".

"A mellor forma de lembrar aquela data é traballar. Traballando chegamos a aquel d1 de marzo no que Galicia nos encargou a responsabilidade de xestionar a Xunta e traballando por eses mesmos galegos afrontamos o día de hoxe 12 anos despois", trasladaron as mesmas fontes, nunha xornada na que Feijóo ta tido tamén axenda como presidente.

Os populares, que teñen pendente a renovación orgánica das súas cúpulas mediante os congresos autonómico e provinciais, avisan de que mentres Galicia estea inmersa nunha pandemia ninguén pode esperar deles "celebracións nin homenaxes hiperbólicos".

"O que toca é traballar, desde o partido e desde a Xunta, para recuperarnos como país", remarcan, á vez que afirman, iso si, ter "máis ganas que nunca" e celebrar seguir "con dun presidente que non só mantén intacta a súa vocación de servizo público senón que a reforzou cos anos".

UN TUIT
Un presidente que, por toda celebración, este luns difundiu un comentario nas súas redes sociais acompañado dunha foto na que mostra agradecemento.

Na conta de Twitter que xestiona xunto ao seu equipo, nun escenario no que recobrou protagonismo na política estatal, sobre todo após o 'trompazo' do PP nas catalás, Feijóo, quen a semana pasada asegurou que "non" tiña interese en presidir o seu partido no ámbito nacional, sitúa como "a maior honra" da súa vida no profesional "servir a Galicia".

"No persoal, ser pai. No profesional, a maior honra da miña vida foi (e é) servir a Galicia. Hoxe cúmprense 12 anos daquel 1M en que os galegos me deron a súa confianza. Inmensamente agradecido polo apoio recibido aquel día, e sempre. Grazas de novo", traslada nunha mensaxe o xefe de filas do PPdeG, que o pasado xullo logrou a súa cuarta maioría absoluta autonómica consecutiva nas urnas.

NUMEROSAS FELICITACIÓNS
Ao longo desta xornada, a través das redes sociais, Feijóod recibiu numerosas felicitacións. O propio PPdeG rememorou a imaxe da súa vitoria en 2009 e practicamente todos os cargos do seu equipo directivo felicitárono publicamente.

Fano nun contexto no que Feijóo --con catro maiorías absolutas seguidas, a última ampliada nun contexto de fragmentación e coa que conseguiu manter a Vox fose do Parlamento galego-- recobrou protagonismo na política estatal.

En todo caso, el dixo que "non" lle interesa presidir o PP estatal e o catro presidentes provinciais --Diego Calvo (A Coruña), Elena Candia (Lugo), Manuel Baltar (Ourense) e Alfonso Rueda (Pontevedra)-- trasladaron que o ven asentado en Galicia.

Entre as súas felicitacións ao longo desta xornada está a do PP nacional --'retuiteada' polo seu xefe de filas, Pablo Casado--. "Hoxe hai doce anos que os galegos falaron alto e claro e deron a Feijóo a súa primeira maioría absoluta. Após un desastroso bipartito, apostaron polo rigor, a seriedade e a centralidade. Galicia elixiu xestión. Felicidades, presidente!", trasladou.

O de Vos Peares tamén recibiu o "parabén" da súa compañeira Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, após unhas polémicas declaracións que ela realizou a semana pasada reprobando a quen daban "consellos" a Casado a través dos medios e que foron interpretadas como unha crítica a Feijóo, aínda que el rebaixou a importancia da cuestión asegurando que ela aclarou despois que as súas manifestacións "non se referían" a el.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress