#Claves de la semana
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)

As asociacións xudiciais urxen a Comisión Galega de Policía Xudicial para revisar a coordinación tras o crime no CHUO


|

As asociacións xudiciais en Galicia -Asociación Profesional da Maxistratura, Xuíces para a Democracia e Francisco Vitoria- demandaron este martes, tras o crime sucedido en Ourense no que un home está acusado de matar a súa muller cando estaba hospitalizada, a “convocatoria urxente” da Comisión Galega de Policía Xudicial, co fin “de revisar os mecanismos de coordinación en vigor e afondar en novos mecanismos que permitan evitar situacións como as que desgraciadamente se “produciu”.


Así o reivindican nun comunicado conxunto no que trasladan as súas condolencias á familia de falecida e esixen “prudencia á hora de valorar actuacións que só puideron atender aos datos coñecidos”. “É demasiado doado prever o que podía suceder cando se sabe o que sucedeu, polo que reclamamos prudencia á hora de valorar decisións adoptadas cando aínda non se coñecían a totalidade os datos que agora transcenderon”, reivindican.


Neste sentido, expresaron a súa “repulsa ante calquera acto de violencia de xénero” e reiteraron o seu “compromiso con valores contrarios a calquera a súa manifestación”. “Enviamos, tamén, as nosas condolencias á familia da muller asasinada”, engaden.


Segundo explican no seu comunicado conxunto, os xulgados galegos, ben a través dos órganos especializados en violencia de xénero ou dos propios xulgados de instrución, “adoptan diariamente, dentro do marco legal, as medidas de protección que se consideran adecuadas para evitar e protexer ás vítimas”. “A adopción desas medidas necesita da actividade das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado coa achega da información precisa para a súa axeitada xestión”, subliñan as asociacións xudiciais de Galicia despois do crime de violencia de xénero acontecido no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).


Ao respecto, engaden que os xuíces, como integrantes do Poder Xudicial, exercen o seu “labor dentro dos principios de independencia e imparcialidade”. Por iso, recalcan que “calquera resolución ditada por un órgano xudicial se atopa enmarcada polo respecto á lei e aos dereitos fundamentais”.


MÁIS MEDIOS


Así, indican que as medidas restritivas de dereitos “solo poden ser adoptadas no curso dun proceso penal cando existen indicios racionais de criminalidade, sen que sexa suficiente a mera sospeita sen acreditación indiciaria”.


“Por iso, é especialmente necesario reivindicar unha vez máis dotación de medios ás Unidades de Policía Xudicial que lles permita reunir todos os datos precisos coa maior celeridade”, demandan.


Así mesmo, fan fincapé no “carácter excepcional do suceso acontecido en Ourense”, no que inicialmente, segundo recordan, “se formulou unha agresión por un terceiro no marco dun roubo” e, por iso, “desenvolveuse á marxe das previsións referidas aos delitos de violencia de xénero”, puntualizan.


“Sucesos como o acontecido non poden quedar á marxe da reflexión e da mellora na coordinación dos distintos intervinientes na loita contra a violencia de xénero”, conclúen.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE