#Claves de la semana
O día 28, no Auditorio de Galicia, en Santiago; e o 29, no Teatro Afundación de Vigo

O violinista finlandés Pekka Kuusisto toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos, en Santiago e Vigo, nos que estará acompañada polo violinista finlandés Pekka Kuusisto, que actuará cun violín do ano 1752.


|


Pekka_Kuusisto.jpg

As citas serán este xoves, día 28, ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, en Santiago; e o venres, día 29, no Teatro Afundación de Vigo, onde actuará ás 20.30 horas. En ambas as dúas citas, a filharmónica galega estará baixo a batuta de Paul Daniel, o seu director titular.


As actuacións comezarán co Dobre Concerto para Violoncelo e Violín de Johannes Brahms, unha interpretación na que, ademais do violinista finlandés, intervirá o violonchelista de orixe franco-alemán Nicolas Altstaedt. Posteriormente, o público poderá gozar da versión de 1943 da 'Noite transfigurada', de Arnold Schoenberg. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE