#Claves de la semana
COMUNIDADE GALEGA ABERTA

O titular da Xunta recibe ao presidente da ‘Hermandad galega de Venezuela’

A Xunta está a destinar uns 600.000 euros anuais para atención social, sanitaria, e cultural aos galegos de Venezuela


|


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu o novo presidente electo da ‘Hermandad Gallega de Venezuela’ en Caracas, Roberto González Pérez, nunha xuntanza na que tamén estivo presente o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Feijóo transmitiu a González o calor e solidariedade de todo o pobo galego coa poboación venezolana, e moi especialmente coa de orixe na nosa Comunidade, nos actuais momentos de incerteza que atravesa o país.


Lembrou, así mesmo, o esforzo que a Xunta está a realizar por que esa solidariedade se traduza en liñas de apoio e axudas ás comunidades e individuos que máis o necesitan, de maneira que o acento social da liña de actuación do Goberno galego se transmita de igual maneira á Galicia do exterior. A Xunta destina uns 600.000 euros anuais para atención social, sanitaria e cultural aos galegos de Venezuela.


Froito da colaboración coas entidades galegas en Venezuela, das que a ‘Hermandad’ caraqueña é con diferenza a máis relevante, Emigración axuda a familias en situación de precariedade, a dependentes e enfermos graves ou permanentes, a adquirir medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, a galegas que sofren violencia de xénero, e a paliar situacións de exclusión social por desemprego, entre outros aspectos.


Finalmente, o presidente asegurou que, como piar fundamental da galeguidade en Venezuela e en todo o mundo, seguirá recibindo o firme apoio das institucións galegas para que o seu labor social, e a cultura e idiosincrasia galegas, permanezan vivas e fortes na sociedade de recepción. Actualmente, en Venezuela residen un 46.000 galegas e galegos.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE